lunes, 3 de febrero de 2014

Audición Nº 1: Alfonsina y el mar, Silvia Pérez Cruz

Todos os venres escoitaremos unha audición relacionada coa auga, cos ríos ou mares, e que formará parte do Proxecto de Voz Natura. As audicións serán de autores variados, diversos xéneros musicais, diferentes épocas e a través destas audicións chegaremos a coñecer varios grupos musicais, compositores e cantantes, co que aumentará notablemente o noso coñecemento musical e cultural.

A audición número un será a versión que fai Silvia Pérez Cruz de Alfonsina y el mar, canción coñecida internacionalmente por Mercedes Sosa. Na entrada da escola podedes ler parte da súa biografía ou obra nun cartel.
Para escoitar a audición número 1 podes entrar nesta ligazón e escoitar Alfonsina y el mar, cantada por Silvia Perez Cruzhttp://www.youtube.com/watch?v=iap8VstrFb0

No hay comentarios:

Publicar un comentario