miércoles, 19 de febrero de 2014

Audición nº 3: Adiós ríos, adiós fontes - Amancio Prada



Esta canción interpretada por Amancio Prada, feita a partir dun poema de Rosalía de Castro, será a que escoitemos este venres na audición do acuario. Podes adiantarte á audición neste vídeo.

E, xa que por todos é coñecida esta cantante, xa que é do Incio, podedes ver nesta ligazón o dúo Lucía Pérez con Amancio Prada no programa televisivo Luar, cantando esta mesma canción:
http://www.youtube.com/watch?v=2pCqmi-gbaU

miércoles, 12 de febrero de 2014

Audición nº 2: Río Negro

Esta canción, de Santiago Auserón, ou Juan Perro, como ás veces se chama este artista, podes escoitala en audio nesta ligazón: http://www.youtube.com/watch?v=oAHXezJ48_0

Se queres ver un concerto en directo e parte dunha entrevista, pois nesta outra: http://www.youtube.com/watch?v=txcjTQMDQNE,

Podedes ver outras fotos no blog do colexio: ceipricardogasset.blogspot.com.es

jueves, 6 de febrero de 2014

lunes, 3 de febrero de 2014

Audición Nº 1: Alfonsina y el mar, Silvia Pérez Cruz

Todos os venres escoitaremos unha audición relacionada coa auga, cos ríos ou mares, e que formará parte do Proxecto de Voz Natura. As audicións serán de autores variados, diversos xéneros musicais, diferentes épocas e a través destas audicións chegaremos a coñecer varios grupos musicais, compositores e cantantes, co que aumentará notablemente o noso coñecemento musical e cultural.

A audición número un será a versión que fai Silvia Pérez Cruz de Alfonsina y el mar, canción coñecida internacionalmente por Mercedes Sosa. Na entrada da escola podedes ler parte da súa biografía ou obra nun cartel.
Para escoitar a audición número 1 podes entrar nesta ligazón e escoitar Alfonsina y el mar, cantada por Silvia Perez Cruzhttp://www.youtube.com/watch?v=iap8VstrFb0