domingo, 11 de noviembre de 2012

Letras magosto


O CARRO- FUXAN OS VENTOS


Non canta na Chá ninguén,
por éso, meu carro canta,
canta o seu eixo tan ben
que a señardade me espanta.

Non hai canto tan fermoso:
fino coma un asubío,
anque é, as vegadas, saudoso
faise no ar rechouchío.

O meu carro é cerna dura:
sábese carballo e freixo.
iQué fermosa e a sua feitura!
iQué lixereza a do eixo!

As cousas vanse aledando
por onde meu carro pasa.
iCarrétame herba pro gando!
iTraime a colleita pra casa!


Non chas quero


Non chas quero, non chas quero
Castañas do teu Magosto
Non chas quero, non chas quero
Que me cheiran ao chamosco.

Non chas quero, non chas quero
Nabizas do teu nabal
Non chas quero, non chas quero
Que me poden facer mal

sábado, 24 de marzo de 2012

Coa nosa música tradicional como base... canto sae!!



Aos nenos e nenas de 4º, 5º e  6º propóñolles que escoiten estas versións tan diferentes da coñecida canción tradicional "A saia da Carolina".

A letra da canción con base musical doutra canción xa escrita, de Marilyn Manson:



Tamén na música tradicional portuguesa se utiliza a letra con outra música:



O grupo Crema de gaita ten unha versión preciosa desta canción, que podedes ver na súa web: http://www.cremadegaita.com/

A versión de Faltriqueira, máis fiel á música e letra, pero moi orixinal tamén:



E, por último, Luar na Lubre:


Ides facer a vosa versión de "A saia da Carolina", xa se vos ocurrirán ideas. Tamén haberá que interpretala coa frauta.